Avogado en Vigo
Máis de 36 anos de experiencia garanten unha traxectoria profesional impecable posta ao servizo da túa mellor defensa.
Chámome Manuel Anxo Lamas Dono e son o responsable do Despacho. Os valores que nos acompañan son a experiencia, a adicación, a actualización continua e a posta a punto para mellorar a súa defensa.
Estes datos apoian o meu CV:
- Licenciado en Dereito en 1984 pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
- Avogado de CCOO en Vigo nos anos 80, época da reconversión naval.
- Experiencia docente en Radio ECA impartindo cursos de Dereito Laboral para traballadores.
- Profesor de Dereito Laboral no inicio da Escola de Práctica Xurídica para novos avogados e novos membros da Iltre. Colexio de Avogados de Vigo.
- Mediador de seguros, con título oficial expedido pola Dirección Xeral de Seguros da Consellería de Economía, no ano 1.996.
- Avogado da CIG (Confederación Intersindical Galega) no Porriño e Vigo. Anos 2.015 a 2.019.
- Membro da Irmandade Xurídica Galega dende 2.012.
- Diplomado en diversos cursos organizados polo Consello da Avogacía de Galicia e outras empresas de difusión xurídica como Enfoque XXI, sobre: Dereito Concursal, Dereito Procesual, Dereito Procesual Civil.
Teño unha ampla experiencia en varias ramas do dereito.
- Experiencia en Dereito Civil.
- Lei de seguros, accidentes e indemnizacións. Avogado das Compañías de Seguros Nacionales Suízas (anos 1993 a 1999) e da FIATC na actualidade.
- Dereito de Obrigas, Contratos, Familia, Dereito de Sucesións e dende hai unha década no ámbito do Dereito Bancario e do Consumo.
- Cláusulas chan, abusivas, produtos bancarios, participacións preferentes, débeda subordinada e tarxetas revolving.
- Cobro de gastos notariais, rexistro e taxación hipotecaria.
Os nosos servizos xurídicos
Lamas Avogados
Axudámosche cos teus problemas legais
En definitiva, 36 anos de experiencia en diversos ámbitos do Dereito, e sempre dende o punto de vista da defensa contundente e eficaz do cliente particular, co que me sinto fortemente comprometido e con altos índices de éxito.
Podes contactar co noso despacho a través do correo electrónico (lamasdono[@]gmail.com), o noso teléfono 24h 627490534 ou presencialmente no noso despacho profesional situado na Rúa Urzaiz, 48. 3ºD (Vigo).
Comprometidos co cliente
Os nosos honorarios
Neste Despacho só cobramos se aportamos valor ao noso cliente, porque o noso obxectivo é axudar ás persoas con problemas legais.
Despois de analizar coidadosamente todos os ángulos do asunto que lle preocupa, e de estimar a viabilidade do asunto, enviámosche unha estimación escrita na que as nosas tarifas se axustan aos estándares do mercado. Tamén nos adaptamos ás circunstancias e necesidades específicas de cada persoa para facer máis accesibles os nosos servizos.