trabajador

Que dereitos tes se a empresa non che paga?

Share on facebook
Share on twitter
Share on linkedin
Share on whatsapp
Share on telegram

O traballador ten dereito ao pagamento puntual do salario e complementos, así como acción xudicial para reclamalo, co incremento do 10% de interese anual en caso de falta de pago.  Con todo si a situación de atraso no pago é o suficientemente grave e pasa de 3 mensualidades (criterio temporal este dos 3 meses non regulado por Lei, aínda que habitualmente utilizado como uso forense, ou 2 mensualidades e 2 pagas extras) pode o afectado solicitar a extinción voluntaria do seu contrato de traballo, coa mesma indemnización do despedimento improcedente.

Regula a devandita extinción o artigo 50 do Estatuto dos Traballadores establecendo que:

“1. Serán causas xustas para que o traballador poida solicitar a extinción do contrato:

  • As modificacións substanciais nas condicións de traballo levadas a cabo sen respectar o previsto no artigo 41 e que redunden en menoscabo da dignidade do traballador.
  • A falta de pagamento ou atrasos continuados no abono do salario pactado.
  • Calquera outro incumprimento grave das súas obrigacións por parte do empresario, salvo os supostos de forza maior, así como a negativa do mesmo a reintegrar ao traballador nas súas anteriores condicións de traballo nos supostos previstos nos artigos 40 e 41, cando unha sentenza xudicial declare os mesmos inxustificados.

2. Neses casos, o traballador terá dereito ás indemnizacións sinaladas para o despedimento improcedente.”

No caso dos atrasos adoita aceptarse como causa xustificada para pedir a extinción o atraso de 11 ou máis días por mes no pago do salario.

Debe terse en conta que á sentenza que dita o Xulgado do Social nestes supostos chamámola sentenza constitutiva, porque é só a partir dese momento en que se dita, cando se entende extinguido o contrato, do que se deriva que o traballador demandante, deberá continuar prestando os seus servizos á empresa ata o momento en que se dita esa sentenza estimando a pretensión do demandante.

No entanto, dada a situación de inxustiza que se produciría en prexuízo do traballador, si se lle obrigase a traballar sen cobrar, este pode acudir a solicitar do Xuíz a medida cautelar do art. 180.4 da LRXS pedindo autorización para suspender a súa obrigación de traballar, porque a falta de remuneración supón un atentado a súa dignidade, ou porque implica un grave prexuízo patrimonial ou unha perda de opcións profesionais, xa que, mentres está traballando na empresa que non lle paga, non pode buscar outro traballo ou ten que renunciar a outras ofertas laborais.

Mostrámosche como te podemos axudar

Máis artigos

Custodia compartida e pensión de alimentos

Pódese fixar unha pensión de alimentos nos casos de custodia compartida? A resposta é que si: O Xuíz pode fixar unha pensión de alimentos en custodias compartidas cando existe desproporción entre os ingresos dos proxenitores.

1 comentario en “Que dereitos tes se a empresa non che paga?”

Deixa un comentario