Avogado de familia en Vigo

Precisas axuda nos teus asuntos familiares?

En Lamas Avogados, somos o teu despacho de confianza se buscas avogado de familia en Vigo. Entendemos que os conflitos familiares poden ser delicados e emocionalmente esgotadores. Por iso, ofrecemos un asesoramento xurídico próximo, profesional e especializado para acompañarte en cada paso do camiño, buscando sempre a mellor solución para ti e os teus seres queridos.

Lamas Avogados

Avogado para divorcio e mediación familiar en Vigo

Cando unha relación matrimonial chega ao seu fin, é fundamental contar cun bo asesoramento. En Lamas Avogados, especializados como avogados de divorcio en Vigo, podemos axudarte en todo o proceso.

Mediación Familiar

Buscamos acordos consensuados para evitar litixios longos e custosos, protexendo especialmente o benestar dos menores.

Divorcio de mutuo acordo e contencioso

Xestionamos a disolución do matrimonio, xa sexa de forma amigable ou cando non hai consenso entre as partes, defendendo os teus intereses en todo momento.

Separacións xudiciais e nulidades matrimoniais

Asesorámoste como especialistas avogados en separación en Vigo sobre as opcións dispoñibles para regular a túa situación familiar.

Lamas Avogados

Liquidación da Sociedade de Gananciais

A liquidación da sociedade de gananciais é un dos puntos máis complexos nos procesos de separación ou divorcio. Os nosos avogados de familia en Vigo axúdanche a realizar un reparto xusto e equitativo dos bens adquiridos durante o matrimonio, evitando problemas futuros. Analizamos o teu patrimonio e buscamos a solución máis beneficiosa para ti.

Custodia compartida dos fillos

A custodia dos fillos é un aspecto central e prioritario en calquera proceso de ruptura. O noso obxectivo principal é asegurar o benestar dos menores.

Establecemento e Modificación de Custodia

Asesorámoste no establecemento da custodia compartida de fillos ou na custodia exclusiva, buscando sempre o modelo que mellor se adapte ás necesidades dos teus fillos e á túa situación familiar. Tamén xestionamos a modificación destas medidas se as circunstancias cambian.

Réxime de Visitas e Comunicacións

Axudámoste a establecer un réxime de visitas e comunicacións claro e flexible que permita manter o vínculo entre os fillos e ambos os proxenitores.

Pensións de Alimentos e Compensatorias

Xestionamos o establecemento e a reclamación das pensións de alimentos para os fillos e, se procede, da pensión compensatoria para o cónxuxe que poida atoparse nunha situación de desequilibrio económico.

Lamas Avogados

Modificación de medidas por cambio de circunstancias

As circunstancias persoais e económicas poden variar co tempo. Se as medidas establecidas nunha sentenza de divorcio ou separación xa non se axustan á realidade actual, os nosos avogados de familia en Vigo tramitan a modificación de medidas por cambio de circunstancias para adaptalas ás novas situacións.

Lamas Avogados

Parellas de Feito

As parellas de feito teñen dereitos e obrigacións específicos que deben ser regulados. Asesorámoste na inscrición da unión, na redacción de pactos reguladores e na xestión da súa extinción, garantindo a protección dos teus dereitos e os dos teus fillos.

Lamas Avogados

Incapacitacións

Cando unha persoa xa non pode valerse por si mesma debido a unha enfermidade ou deficiencia persistente, pode ser necesario iniciar un proceso de incapacitación. Axudámoste a tramitar a declaración de incapacidade xudicial para protexer os intereses e o benestar da persoa afectada.

Lamas Avogados

Nomeamento de Titor

Unha vez declarada a incapacidade, ou noutros casos de necesidade, é preciso nomear un titor. Asesorámoste en todo o proceso de nomeamento de titor ou de curador, velando polo cumprimento das súas funcións e pola protección da persoa tutelada.

Por que somos a súa mellor opción como avogado de familia en Vigo?

A nosa traxectoria e compromiso fan de Lamas Avogados un referente no dereito de familia en Vigo. Elexir ó mellor avogado de familia en Vigo pode marcar a diferencia entre un proceso rápido e xusto, ou un procedemento largo e desgastante. En asuntos tan delicados como un divorcio, a custodia dos fillos, unha pensión de alimentos ou a liquidación de bens, contar cun profesional especializado en dereito de familia é fundamental.

Lamas Avogados

Máis de catro décadas de experiencia en dereito de familia

Con máis de 40 anos de experiencia, somos un dos despachos máis consolidados en Vigo. Esta longa traxectoria garante o noso profundo coñecemento e a capacidade para abordar os casos máis complexos en dereito de familia, ofrecendo solucións eficaces e personalizadas. Moitos dos nosos clientes nos consideran os mellores avogados de familia en Vigo pola nosa dedicación e resultados.

Contacta xa co teu avogado de familia en Vigo

Non deixes que as preocupacións familiares te superen. Contacta hoxe mesmo cos nosos avogados de familia en Vigo e solicita a túa primeira consulta. Escoitaremos o teu caso con atención e ofrecerémosche o asesoramento legal que necesitas para tomar as mellores decisións.