Axudámosche cos teus problemas legais

O noso obxectivo é axudar ás persoas a afrontar problemas que afectan a aspectos tan importantes como o traballo, o matrimonio, a familia, os fillos, a liberdade ou o patrimonio.

Titular do despacho

Manuel Anxo Lamas

Son Manuel Anxo Lamas Dono, responsable do Despacho con máis de 36 anos de experiencia axudando a persoas nos seus problemas legais.

Os valores que nos acompañan son a experiencia, a adicación, a actualización continua e a posta a punto para mellorar a túa defensa.

A nosa axuda xurídica

Avogado en Vigo

A nosa filosofía baséase na calidade do servizo prestado, na garantía de que poñemos toda a nosa experiencia, coñecemento e dedicación na súa defensa, e en xerar a confianza dos nosos clientes, que é o que nos permitiu manternos durante máis de tres décadas.

Ofrecemos un asesoramento xurídico individualizado e altamente especializado, chegando, se é o caso, ata os procesos xudiciais máis combativos.

Blog xurídico

Mostrámosche como podemos axudarche